Estes novos colectores, subministrados pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, cumpren cos requisitos de accesibilidade necesarios para ser utilizados por persoas con mobilidade reducida. Estes modelos contan cunha apertura frontal a menor altura, ademais da habitual dos colectores convencionais, co obxectivo de que estas persoas poidan depositar os seus residuos comodamente, sen necesidade de subir a tapa. "Coa instalación destes novos colectores pretendemos minimizar, en todo o que nos sexa posible, os problemas que estas persoas se poidan encontrar á hora de depositar o lixo nos colectores", afirma o edil.
Esta actuación do Concello de Gondomar enmárcase dentro da aposta do Concello de seguir reducindo as barreiras arquitectónicas do municipio.