^ Ir arriba

novas

×

Advertencia

JUser: :_load: No se puede cargar usuario con el ID: 19
Venres, 04 Octubro 2013 15:07

O Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Gondomar reúnese para valorar a seguridade e saúde dos seus traballadores

Esta semana tivo lugar a reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Gondomar. Ao acto asistiron o alcalde do municipio Fernando Guitián, o concelleiro de Servizos, Juan Carlos González Camesella e persoal do Concello.

 

Esta reunión tivo como misión valorar a seguridade e saúde dos traballadores da casa do concello, así como os que efectúan traballos en exterior. "Dende o Concello preocupámonos pola seguridade dos traballadores, razón pola cal é moi importante manter estas reunións nas que cada parte mostra as súas inquietudes respecto á seguridade no exercicio do seu traballo", sinala o rexedor gondomareño.

Así mesmo, o encontro serviu para poñer en común as impresións e ideas recollidas no curso de xestión integrada: seguridade e saúde, ao que asistiron o alcalde do municipio, o concelleiro de Servizos e membros do comité. "A xornada foi de grande utilidade", sinala Fernando Guitián, "puidemos tomar nota de múltiples medidas para reaccionar de xeito eficaz ante calquera sinal de alarma ou problema que puidese xurdir no ámbito laboral".

Do mesmo modo, esta nova reunión do comité de seguridade e saúde valorou moi positivamente o labor que dende o Concello se está a levar a cabo en materia de prevención de riscos laborais. A falta de sinestralidade, permite que dende o Concello se reinvista en novas medidas e actuacións para asegurar a seguridade dos traballadores.

Outros dos temas tratados foi a busca de cursos relacionados coa seguridade e a saúde, para a formación dos traballadores.

Este comité é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa, neste caso do Concello, en materia de prevención de riscos laborais.

Con este novo encontro, o comité de seguridade e saúde do Concello de Gondomar avanzou nos plans de seguridade e saúde da casa do concello, para evitar que os seus traballadores sufran accidentes mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.