^ Ir arriba

novas

Martes, 01 Febreiro 2022 16:07

GONDOMAR RETOMA OS OBRADOIROS “CULTIVA A MENTE”.

 
photo_2022-02-01_11-36-53 (2).jpg
 
O concello de Gondomar puxo en marcha unha nova edición dos talleres "Cultiva a mente" que desenvolve en colaboración con AFAGA. Dirixido a persoas maiores de 55 anos ten como obxectivo a prevención e detección do alzheimer. Impartidos pola psicóloga Estela Pereira, os e as participantes foron recibidos pola concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, e o presidente da asociación Juan Carlos Rodríguez, quen agradeceu a implicación do concello de Gondomar neste tipo de iniciativas.
Martes e xoves, durante dúas horas abordan diferentes cuestións prestando especial atención ao envellecemento activo, a promoción das relacións sociais e prevención da soidade, así como a aposta pola independencia e autonomía.
 
Dentro do ámbito das capacidades cognitivas traballarase facendo fincapé en aspectos como as funcións executivas, a memoria, a atención, a orientación, a linguaxe e ou cálculo, entre outros.
 
photo_2022-02-01_11-36-52 (2).jpg