Gran acollida en FITUR da presentación da proposta dos 14 concellos que confirman este Xeodestino e que consistiu na proxección dun documental titulado “Mulleres do Camiño Portugés”, unha orixinal proposta na que varias protagonistas vinculadas profesionalmetne ao
mundo do turismo narran a súa experiencia e descobren a importancia que para os concellos do territorio ten o Camiño de Santiago.
O rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, que acudiu a esta cita co turismo internacional acompañado pola responsable da área do concello, Rocío Goberna, destacou a “importancia de defender conxuntamente desde o Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño a promoción de todo o que pode ofrecer cada unha das nosas localidades de forma individual, e como un destino conxunto no que as sinerxias turísticas dunhas e outras abren moitísimas posibilidades ao visitante”.
Durante a presentación o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, tamén deu a coñecer aos visitantes ao expositor os roteiros e guías editadas polo concello “como unha invitación cordial e xenerosa a que se acheguen a coñecer este marabilloso municipio que é o noso”.