^ Ir arriba

novas

Martes, 18 Xaneiro 2022 16:07

Parroquias. Vincios

O goberno de Gondomar avanza paso a paso no seu compromiso de chegar a todos os recunchos do municipio, acometendo melloras nas súas parroquias e atendendo as demandas que lle traslada a veciñanza.
 
É o caso das obras que se están acometer non camiño de Piñeiro, na parroquia de Vincios, onde empezan a verse os resultados. Nesta actuación estase a traballar sobre a rede de saneamento, contémplase a construción de cunetas empedradas contemplando unha correcta recollida das augas pluvias e unha pavimentación adecuada para o camiño, entre outras cousas.
 
O alcalde PacoFerreira asegurou que “seguiremos xestionando e traballando neste sentido para seguir facendo de Gondomar un lugar moito mellor”.
 
272016794_486674596157359_4000922251548091507_n.jpg
272054048_486674576157361_2415070037804521257_n.jpg