Novo itinerario formativo: docencia de Formación Profesional para o emprego Este curso que vai desenvolverse na Guarda, comenzará o 02 de febreiro e rematará o 22 de xuño. As clases impartiránse en horario de 15:30 a 20.30 horas nas instalacións Informática Jaime, na rúa Galicia, 37- baixo (A Guarda).
Poden inscribirse persoas desempregadas de toda a provincia. Contenpla unha axuda económica para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.
Dirixido a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, con titulación de bacharelato e que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:
• Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
• Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
• Persoas maiores de 55 anos
• Persoas con discapacidade
• Inmigrantes
• Minorías étnicas e comunidades marxinadas
• Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
• Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra
Para mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 986804100 ( ext 40846-40854) ou no e-mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.