^ Ir arriba

novas

Luns, 10 Xaneiro 2022 12:56

CORTE DE TRÁFICO NA RÚA OTERO PEDRAYO E DISPOSITIVO ESPECIAL DE CIRCULACIÓN

O remate das obras de humanización da rúa Manuel Alonso, obriga a pechar o tráfico rodado a rúa Otero Pedrayo, establecendo cambios na súa contorna desde hoxe a que concluan as mesmas.
 
Atención ao dispositivo activado e regulado pola Policía Local:
 
* Rúa Rosalía de Castro: Establécese dobre sentido de circulación no tramo que hai diante da Praza de Abastos. Queda prohibido acceso a Rosalía de Castro desde Otero Pedrayo (salvo residentes).
 
* Os residentes da rúa Otero Pedrayo deberán saír dirección Rosalía de Castro, a través da que accederán aos seus garaxes os residentes da rúa Manuel Alonso.
 
*Semáforos regularán tamén a saída de Rosalía de Castro cara a Elduayen, en sentido a rúa Eduardo Iglesias. Os residentes da rúa Portugal terán saída desde a rúa Otero Pedrayo.