O Auditorio Lois Tobío acollerá esta tarde, a partir das 16.00 horas, o concerto da pianista e xestora cultural Andrea González, no que presenta o seu novo traballo "Salvado Piano Works". Andrea González, elixida entre as Top 100 Mulleres líderes de España e Premio Nélida Piñón de cultura, conta no seu haber con numerosos premios nacionais e internacionais e unha longa e existosa traxectoria profesional. No seu novo traballo recupera a música do monxe español Rosendo Salvado, fundador da única cidade monástica de Australia e defensor dos dereitos humanos dos aboríxenes.
Unha actuación que se enmarca no ciclo "Salvado en Ruta", subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra e Turismos Rías Baixas. Non vola perdades.
#musica #gondomar #historia