Esta mañá reuniuse a Mesa Local contra a violencia de xénero de Gondomar na que se expuxo un balance dos dous últimos anos, así como os protocolos que están en marcha e as distintas iniciativas transversais e coordinadas que se desenvolven nestamateria na localidade, así como sobre o seguimento e tratamento das vítimas da violencia machista.
Presidida pola concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, e copresidida por Manuela Vilaboy, xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, tamén contou con represententes de Garda Civil e Policía Local de Gondomar; técnicas dos departamentos do CIM e de Servicios Sociais do concello; a doutora Olga Villar, en representación do centro médico de saúde; e, representantes dos centros académicos Auga da Laxe e o CRA Antía cal.