^ Ir arriba

novas

Luns, 18 Octubro 2021 16:52

Gondomar pon en marcha un novo obradoiro de emprego    

2O4A0292.jpg

O concello de Gondomar acollerá durante nove meses o novo taller de emprego“Coidando Miñor”, en colaboración cos concellos de Baiona e Nigrán, no que se formarán alumnos dos tres municipios das especialidades de Limpeza de superficies e locais, e, emprego doméstico e atención sociosanitaria. 

 O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos seus homónimos de Baiona e Nigrán, Carlos Gómez e Juan González,respectivamente, así como a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, inauguraron este novo taller dando a benvida aos alumnos e alumnas que “unha vez máis cubriron rapidamente as prazas previstas demostrando o interese que suscitan estas convocatorias”. 

 Como en ocasións anteriores o taller estará dividido en dous grupos de 10 alumnos por especialidade que ademais de formarse e obter os certificados de profesional correspondente (limpeza de superficie e locais, e, emprego doméstico e atención sanitaria), durante o período de 9 meses que asistan ao taller de formación percibirán o Salario Mínimo Interprofesional. 

 Subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun orzamento de 346.946 euros pertence aos tres concellos da mancomunidade e execútase en Gondomar. O rexedor deste concello, Paco Ferreira, subliñou precisamente o feito de “que a colaboración de administracións en materias tan sensibles como a xeración do empregoé fundamental como demostra o éxito das edicións de talleres xa celebradas anteriormente nas que un 50% dos participantes lograron inserirse no mercado laboral”. 

 Unha idea na que coincidiron os distintos representantes políticos presentes no acto, que animaron aos beneficiarios e beneficiarias deste novo obradoiro “a esforzarse e aproveitar a oportunidade de formarse e adquirir novas ferramentas para adecuarse ásdemandas do mercado laboral”.