Ola veciñ@!!!
Preocúpache o #cambioclimatico?
Es dos que pensan que con pequenos xestos podemos mudar a conciencia dos cidadáns en favor dun planeta máis #sustentable?
Gostaríache axudar á política medioambiental do teu Concello e que #Gondomar reduza a sua pegada de carbono cumprindo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da #ONU?
Pois xa estás tardando!!!
Só che roubaremos cinco minutos.
Cubre o seguinte FORMULARIO. As respostas achegaranse ao equipo redactor do #PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable) de Gondomar, que incorporará o parecer da veciñanza ao documento que rexirá a nosa folla de ruta para reducir as emisións de gases á atmósfera nos vindeiros dez anos.
Participa e convirte Gondomar nun actor máis contra o cambio climático!!