^ Ir arriba

novas

Martes, 15 Xuño 2021 18:36

REGRESA O PROGRAMA DE ROTEIROS TURÍSTICOS “DESCOBREGONDOMAR”

 photo_2021-06-15_14-51-13.jpg

O goberno de Gondomar, a través do seu Concellería de Turismo, dirixida por Rocío Goberna, reanuda o programa de rutas turísticas “Descobre Gondomar” que na súa volta convidará aos interesados e interesadas a coñecer o Pazo do Conde de Gondomar. 

 Esta primeira cita con “Descobre Gondomar” desenvolverase o próximo 24 de xuño, a partir das 18.30 horas, e a visita acoutará a un grupo máximo de 20 persoas, seguindo toda as medidas de seguridade vixentes ante a Covid19, como son o uso das máscaras ou manter distancia social.

 A visita, dunha duración aproximada de 90 minutos, partirá da Praza Paradela ata o acceso do Pazo do Conde onde se visitará a súa zona axardinada, a muralla que o rodea e, posteriormente, accederase ao seu interior. 

 Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude de forma previa enviando os seus datos á dirección de correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou chamando ao teléfono 678 87 49 85, rexistrándose por orde de inscrición ata completar as prazas previstas.