^ Ir arriba

novas

Venres, 11 Xuño 2021 11:35

Gondomar abre prazo para solicitar as axudas municipais para material escolar

DJI_0135.jpg

 O goberno local de Gondomar destina estas axudas a familias en situación de emerxencia social cuxos fillos e fillas estean no ciclo de educación infantil.

 O próximo martes, 15 de xuño, abrirase o prazo para presentar as solicitudes para optar a estas axudas para adquisición de material escolar de educación infantil do próximo curso 2021-22, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.

​As axudas estarán destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA).

​Os interesados deberán solicitar cita previa para a súa tramitación, chamando ao teléfono do Departamento de Benestar Social (986 360 168) onde tamén poderán obtertoda a información necesaria. 

​O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xuño ás 14.00 horas.  

 

MODELO SOLICITUD AXUDAS MATERIAL ESCOLAR ED. INFANTIL