A Concellaría de Cultura, que dirixeIgnacio Troncoso, dentro da súa programación para o verán, organiza para este fin de semana tres citas nas que a danza e a música serán os protagonistas.
O venres 19 de xullo, ás 22.30 horas a Praza da Alameda será o escenario do espectáculoradiovisual'NaPonte...aovivo', conducido polo locutor de radio e músico,Xurxo Souto. 'NaPonte...aovivo' é un programaradiovisualen directo que vai mostrando o labor dePonte nasondas! ao longo de dúas décadas. O espectáculo combina a fórmula radiofónica con conexións audiovisuais e actuacións musicais en directo.
Pechará o programa a proxección dun documental sobre o Corpus gondomareño, cuxa produción foi solicitada polo propio Concello co obxectivo de agradecer a todos os veciños e veciñas a súa colaboración nesta festividade. O documental, de aproximadamente 40 minutos, fará un minucioso percorrido polas xornadas previas ao Corpus e recollerá as impresións dosalfombristasen entrevistas. Nel poderase ver as maratonianas xornadas de esfolle, a recollida da flor, o laborioso traballo de confección das tradicionais alfombras floraise o seu espectacular resultado.
O sábado 20 de xullo, será ocasión para gozar da danza co Festival de DanzaParadela, que terá lugar dentro das actividades de Noites na Praza da Alameda ás 22.30 horas.
Finalmente, o domingo 21 de xullo, será a música a que amenice os veciños e veciñas do municipio. Os Concertos na PrazaParadelareciben a Banda de Música Municipal deBaionaque actuará dende as 12.30 horas.