^ Ir arriba

novas

Domingo, 21 Marzo 2021 09:29

Gondomar decreta 2 días de loito oficial e bandeiras a medio mastro en memoria da muller e os seus dous fillos falecidos en accidente de tráfico

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, publicou esta tarde a resolución pola que decreta dous días de loito oficial – a partir das 00.00 horas deste 20 de marzo- durante os que as bandeiras dos edificios oficiais ondearán a medio mastro.

Esta decisión, tal e como se recolle no texto, quere ser o testemuño da dor e condolencia da veciñanza de Gondomar ante este tráxico suceso no que desgraciadamente perderon a vida, María Luisa Gondell Soliño e os seus dous fillos  Beltrán e Daniela, cunha vinculación estreita co municipio ao residir nunha das súas parroquias parte da súa familia.

A vítima e os seus fillos, naturais de Nigrán, faleceron nun tráxico accidente rexistrado na noite do venres despois de chocar dous coches na PO- 510, en Salceda de Caselas, no que outra persoa resultou ferida de gravidade.

Segundo confimaron os Bombeiros do Baixo Miño ao 112 foi preciso empregar material de excarcerlación para liberar ás tres persoas atrapadas, dúas nun vehículo e a terceira no segundo coche implicado. A pesar dos esforzos realizados polos equipos de emerxencia non se puido facer nada para salvarlles a vida a María Luisa Goldén e aos seus dous fillos.

Gondomar 20 de marzo de 2021

162786011_2788953188033892_6672272539634398585_o.jpg