^ Ir arriba

novas

×

Advertencia

JUser: :_load: No se puede cargar usuario con el ID: 19
Xoves, 18 Xullo 2013 22:19

O Concello de Gondomar chama a un consumo responsable da auga na época estival

-Juan Carlos González Camesella, responsable de Medio Ambiente e Servizos, recorda que o abastecemento de auga do municipio, ao non dispoñer de reservas de auga embalsada, depende do propio río

-A concesionaria do servizo municipal de auga, Espina y Delfín continúa coa revisión das canalizacións da auga potable do municipio co fin de detectar e resolver posibles fugas ocultas 

O Concello de Gondomar vén de ditar un bando no que o alcalde do municipio,Fernando Guitián, fai un chamamento aos veciños e veciñas solicitando a súa colaboración para facer un uso responsable do consumo da auga nesta época estival e recorda que "a auga é un ben colectivo que temos que coidar para o futuro".

Juan Carlos González Camesella, responsable de Medio Ambiente e Servizos, explica que a escaseza de chuvias e a calor vivida nas pasadas semanas deixaron o caudal do ríoTouteiras, do que depende o abastecemento de auga do municipio, "un tanto xusto", segundo informa a concesionaria do servizo municipal de auga (Espina y Delfín), e recorda que “non debemos esquecer que continuamente dependemos da cantidade de auga que o propio río nos poida achegar, xa que o Concello non conta con reservas de auga embalsada".

Por iso, dende o Concello, xa se tomaron as medidas necesarias para controlar o consumo de auga; accións que pasan pola adopción de medidas para limitar o uso da auga para os regos de xardíns ou baldeosde rúas, salvo en casos puntuais. Estas actuacións teñen como obxectivo, non só controlar e evitar o dispendio, senón tamén concienciar a poboación sobre o coidado do recurso.

Por outra parte, a concesionaria do servizo municipal de auga do Concello deGondomar(Espina y Delfín) continúa realizando a revisión das canalizacións de auga potable do municipio, en busca de posibles fugas ocultas.

O seu obxectivo principal é o de minimizar as perdas de auga en posibles fugas ocultas, co fin de que a xestión da auga no municipio sexa o máis eficiente posible e contribuír ao control do gasto da auga.

Camesella, afirma que "tanto o Concello coma a empresa Espina y Delfín están a realizar todas as operacións que están ao seu alcance para garantir a subministración de auga á poboación".

En breve, e ao igual que os últimos anos, aConcesionariaprocederá á limpeza da presa da captación de auga para poder aumentar a capacidade de bombeo.