^ Ir arriba

novas

Xoves, 04 Febreiro 2021 15:54

4 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O CANCRO

Nun momento no que vivimos unha pandemia que paraliza o mundo non podemos esquecer outra que durante anos está presente entre nós: o cancro.

No día Mundial de Loita contra o Cancro este ano a OMS, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (CIIC) e a Unión Internacional Contra o Cancro (UICC) fan fincapé na necesidade de aumentar a concientización e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade.

Ademais dende as asociacións de loita contra o cancro avógase pola constitución dun Pacto contra o Cancro no que todas as administracións e organismos públicos, así como privados súmense e loiten no mesmo sentido. Enfermos que, co covid19, viron no 2020 atrasada a súa atención ou os seus tratamentos, tal e como denuncian asociacións de loita contra a enfermidade.

Unha situación ante a que non queremos, nin podemos, mirar cara a outro lado e sumamos ás nosas reivindicacións neste Día Mundial de Loita contra o cancro, lembrando tamén a importancia da prevención como medio de detección precoz e o investimento en investigación para loitar contra o cancro.

Segundo AECC, cada ano diagnostícanse ao redor de 275.000 casos novos e existen ao redor de 1,5 millóns de persoas afectadas por esta enfermidade.

cancer.jpg