^ Ir arriba

novas

Luns, 01 Febreiro 2021 13:15

O goberno local aproba unha modificación de crédito de preto de 1 millón de euros

O Goberno local de Gondomar, na última Comision Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas celebrada o pasado martes dictaminou favorablemente unha modificación de crédito de 970.000 euros, fronte a abstención na votación dous partidos da oposición (PP, MM e BNG).
Esta modificación orzamentaria facilitará a execución de obras importantes e necesarias para o desenvolvemento de Gondomar e para atender as demandas que dende a veciñanza fannos chegar ao concello.
Paso a paso o goberno segue traballando e dotando de orzamento obras que son necesarias no noso municipio, e ás que se irán sumando aos poucos novas actuacións ata conseguir completar todos os nosos obxectivos de atender aos gondomareños e gondomareñas.
Esta nova modificación de crédito próxima ao millón de euros permitiranos atender aos sectores afectados pola COVID19 e facilitarlles axudas para facer fronte aos peches aos que se viron obrigados nesta pandemia que estamos a vivir. Desde o concello seguimos xunto a eles e pedimos máis implicación da Xunta á hora de atender a precaria situación á que moitos se viron abocados neste último ano.
Ademais reservaranse partidas orzamentarias para saneamento, rehabilitación e mellora de instalacións públicas, asfaltado de distintos puntos do municipio, e unha axuda para a compra de Casa Peralba.

voto comisión económica.jpg