O vindeiro sábado 5 de decembro, a partir das sete da tarde, arrincarán as actividades que precederán ao aceso oficial da iluminación do Nadal en Gondomar, previsto ás oito da tarde, e que se retransmitirá en streaming para que toda a veciñanzado municipio poida gozar del, xa que o aforo na praza, debido á normativa covid19vixente, quedará restrinxido a un máximo de 75 persoas.
“Sen dúbida o ano 2020 quedará na nosa memoria como un ano moi diferente, pero o noso obxectivo é que o Nadal en Gondomar luza igual que sempre, con todas asnormas de seguridade necesarias, pero sen perder nin un pouquiño de maxia e ilusión”, asegura o alcalde Paco Ferreira.
Por iso o nadal arrincará ás 19.00 horas baixo a carpa situada na Praza Paradelacoa animación de “trasnos máxicos” a cargo de Sarao Animación e a actuación do magoMarco, para grandes e pequenos. Será ás 20.00 horas cando se inicie a conta atrás que dará paso ao aceso oficial das luces de nadal do municipio, preto de 200.000 leds que iluminarán os lugares máis emblemáticos da vila.
Tres cámaras con operador e outras tres fixas colocadas en lugares estratéxicospermitirán que por streaming cualquier veciño ou veciña poida ver en primeira persoa o aceso da Praza da Paradela e a súa contorna, a coñecida e xa tradicional “árborevermella” de Gondomar ou a iluminación elixida nesta ocasión para lucir na Alameda da vila.
Completarase o acto coa retransmisión de dous vídeos elaborados para a ocasión cos que se lembrará a campaña de recadación de fondos para poder garantir Reis Magos aos pequenos de familias máis vulnerables, Gondoilusión, e, un segundo no que se avanzará a programación organizada desde o departamento de Cultura do concello de Gondomar para estas datas.
Paco Ferreira subliña que “debemos apoiar a este sector, a cultura, que nos necesita e demostrouse que é seguro. Ademais garantiranos grandes e bos momentos que nos permitirán darlle algo máis de normalidade ao Nadal do 2020”.
Non faltará a visita de Papa Noel que os días 23 e 24 de decembro estará nacarpa da Praza da Paradela de forma estática e acompañado dunha animación creada para a ocasión. Como tamén se contará coa tradicional Cabalgata de Reis, adecuada áépoca na que vivimos, de maneira que as súas maxestades tamén estarán na Praza a tarde do día 05 de xaneiro.
Maxestades de Oriente cos que poderán falar todos os pequenos e pequenas que o solicitaran con previsión a través da plataforma posta en marcha (www.nadal2020.es) para cerrar unha videochamada cos Reis Magos, unha oportunidade que terán os máisnovos para poder así comunicar a súa lista de agasallos ante a imposibilidade do contacto e as entregas en man como viña facéndose tradicionalmente.
O Apalpador realizará o día 30 de decembro un pasarrúas polo centro de Gondomar para saudar a todos os pequenos, unha actividade que se suma a outras como o teatro no Auditorio Municipal Lois Tobío onde o domingo 06 de decembro representarase “ Contos de recreo”; os días 11 e 12 de decembro a obra “Doce uvas, dos mulleres y una oliva”; e, o 19 de decembro “Se fosen turistas levarían lentes de sol”.
O humor chegará da man de Sergio Pazos e o monólogo programado para o venres 18 de decembro, ao que se sumará ademais o espectáculo “Baila vestido verde” (17 de decembro), ou o concerto do Grupo de Cámara da Banda Musical de Vincios, previsto para o día 27 de decembro no Parque da Coelleira.