A colaboración entre a adminstración pública e o sector privado, pensando nas persoas con máis necesidades neste momento, volveuse a concretar en Gondomar nesta ocasión da man da oficina de Caixabank neste municipio, que doará 8.000 euros para adquisición de alimentos e primeira necesidade que, mensualmente a través da concellaría de Benestar Social fanse chegar a veciñanza con problemas económicos.
O alcalde Paco Ferreira, maila concelleira Nuria Lameiro, agradeceron hoxe a aportación ao director de Caixabank en Gondomar, Alberto Sorribes, e a súa directora de Área de Negocio Pontevedra Sur, Elena Rodríguez.