O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, renovou os convenios de colaboración anual con diferentes entidades sociais do municipio e da comarca, a través da concellaría de Benestar Social, cunha dotación total de 10.000 euros. A firma enmárcase dentro da política do executivo de facilitar as ferramentas e medios posibles ás organizaciónsdeste tipo ou comunitario que coa súa actividade redundan en beneficio dos veciños e veciñas de Gondomar.
É o caso do Centro Juan María, que atende a mozos/as do municipio de Gondomarasí como da comarca do Val Miñor, e que percibirá unha axuda de 3000 euros para o desenvolvemento de actividades e atención dos alumnos/as que nel aténdense.
Ademais tamén se asinaron os convenios de colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, cunha dotación de 2000 euros, así como con Autismo Vigo e a Asociación de Axuda ao Pobo Saharahui, cunha dotación de 2000 euros e 1000 euros anuais, respectivamente.
Por último, o concello de Gondomar achegará unha axuda de 2000 euros áAsociaciónAvelaíña dedicada á atención de persoas con problemas de saúde mental.