^ Ir arriba

novas

Martes, 27 Octubro 2020 09:08

Gondomar renova a súa colaboración coa Asociación Española de loita Contra o Cancro

 -O goberno renovou o convenio de colaboración dotado con orzamento de 2000 euros.

 -Nos primeiros oito meses do ano AECC realizou 123 intervencións no municipio.

 ​O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola concelleira de ServizosSociais, Nuria Lameiro, renovaron este mañá a cooperación que manteñen coa Asociación Española de Loita Contra o Cancro (AECC). O rexedor subscribiu xunto aopresidente da delegación da organización en Gondomar, Jose Luis Chamorro, o convenio de colaboración anual, dotado cun orzamento de 2.000 euros. 

​A firma enmárcase dentro da política do goberno local de facilitar as ferramentase medios posibles ás entidades de carácter social ou comunitario que coa súa actividaderedundan en beneficio dos veciños e veciñas de Gondomar, “ao que, sen dúbida o concello ten que contribuír, porque son estas asociacións as que teñen contacto directo coas necesidades de moitas persoas”, manifestou o alcalde Paco Ferreira.

​A colaboración coa delegación local de AECC en Gondomar é unha realidadecomo demostran as cifras facilitadas polos seus profesionais que, xunto á rede de voluntariado, entre os meses de xaneiro e agosto de 2020 realizaron un total de 123 intervencións no concello de Gondomar, prestando algúns dos seus programas ouservizos gratuítos como a atención  psicolóxica, social, programas de prevención, voluntariado ou “infocáncer”.

​Cabe destacar a cooperación establecida entre o concello de Gondomar e a asociación durante o período de estado de alerta sanitaria entre os meses de marzo e xuño prestando o seu apoio, en colaboración cos Servizos Sociais do municipio, a aquelas persoas que sentían soas,  desantendidas ou desinformadas prestando unhaatención a través de servizos telemáticos e dixitais. Un servizo que se prestou non só a enfermos de cancro, se non tamén a persoas afectas pola covid19 ou que perderon un familiar durante ela.

Captura de pantalla 2020-10-27 a las 9.11.49 copia.jpg