O goberno Gondomar segue desenvolvendo actuacións encamiñadas a fomentar actividades obras ou investimentos destinados á consecución de obxectivos de carácter social ou comunitario, ou que redunden no beneficio da colectividade de veciños e veciñas da localidade.
No marco desta filosofía o goberno local, a través da súa concellería de Medioambientee Transición Ecolóxica, acaba de renovar a súa colaboración anual coa Asociación Protectora Proxecto Gato. Así o alcalde, Paco Ferreira, subscribiu este martes o convenio de colaboración coa representante da citada organización, Fátima Lago, cunhadotación de 2000 euros para o desempeño das súas actividades no municipio.