O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, renovaron esta semana os convenios de colaboración co Gondomar Club de Fútbol, e coa Agrupación Deportiva de Vincios cunha dotación total de 17.000 euros, nun claro apoio o deporte no municipio.
Desta forma a presidenta do Gondomar Club de Fútbol, Rosa Álvarez, suscribiuo convenio polo que o concello de Gondomar subvencionará o clube cunha aportación de 14.000 euros, ao tempo que lle cede o uso das instalacións municipais de forma gratuita para a súa práctica deportiva y competitiva, en concreto os campos de As Gándaras e As Cercas.
Pola súa banda, o representante da Agrupación Deportiva de Vincios, Vicente Pintos, renovou a colaboración que mantén co concello de Gondomar cun convenio dotado dunha subvención de 3000 euros, para promocionar a práctica do tenis de mesa no municipio.