O goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Turismo, desenvolverá durante o mes de agosto unha nova edición deste programa de roteiros guiados na que se achegará aos participantes a distintos puntos de interese que existen no municipio.
Será precisa a reserva de praza previa a través do correo oficinadeturismo@
“Descobre Gondomar” arrincará ás 11.00 da mañá este próximo xoves, día 13 de agosto, cunha visita guiada por Gondomar, partindo da Praza Paradela, ata o acceso do Pazo do Conde, roteiro que se repetirá os días 18 e 25 de agosto.
O programa este ano completarase cun percorrido en torno á marxe do río Miñor que se desenvolverán os días 20, 24 e 27 de agosto, que dará a oportunidade a quen se some a esta camiñada de coñecer e contemplar as pezas etnográficas e paraxes naturais da contorna.