^ Ir arriba

novas

Sábado, 02 Maio 2020 18:21

FRANXAS HORARIAS DE SAÍDA DA POBOACIÓN

Dende este sábado 02 de maio está en marcha a fase cero da desescalada do confinamento decretado o pasado 14 de marzo por mor da alerta sanitaria COVID19. Neste momento súmanse á saída dos nenos menores de 14 anos, o resto da poboación pero suxeita a unhas franxas horarias e a límites de tempo na rúa e de desprazamento. E fundamental cumprir as normas de distanciamentos social recomentadas polas autoridades sanitarias para seguir avanzando na loita contra a propagación e contaxios do COVID19. As saídas non poden prolongarse máis dunha hora en ningún dos casos e deberán levarse dentro do tramo horario pensado para cada sector de poboación. A responsabilidade individual é fundamental para lograr unha correcta desescalada.

 

Franja Horaria.png