^ Ir arriba

novas

Luns, 06 Abril 2020 13:41

Gondomar e a AECC prestarán apoio psicolóxico aos veciños do municipio

O concello de Gondomar e a Asociación Española contra o Cancro (AECC) abrirán unha liña de atención psicolóxica e emocional para os veciños  e veciñas do municipio.
 
O concello de Gondomar canalizará as demandas das persoas que requiran este servizo a través do departamento de Benestar Social no teléfono 986 360 1680 ou o correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. facilitando os datos necesarios para que os profesionais da Asociación contacten con aqueles veciños que necesiten esta atención.
 
A AECC, que ata o de agora viña prestando este apoio aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias, quere dar un paso máis na súa colaboración con Gondomar ampliando este servizo a quen ben por estar afectados polo Coronavirus, ou por perder un familiar pola enfermidade precisen apoio psicolóxico.
 
O equipo de facultativos, con ampla experiencia en tratar este tipo de situacións de ansiedade, tamén atenderán a persoas maiores que viven soas, aos seus cuidadadores, e a aqueles profesionais de sectores que se viron expostos no desenvolvemento das súas obrigacións a altos niveis de presión con motivo da crise do  COVID-19.