^ Ir arriba

novas

Luns, 23 Marzo 2020 18:40

GONDOMAR DESENVOLVE UN DISPOSITIO DE DESINFECCIÓN EN TODO O TERMO MUNICIPAL

O Concello de Gondomar, desenvolve un dispositivo de desinfección naquelas zonas de risco como consecuencia da afluencia de persoas a supermercados, farmacias, etc.; zonas nas que tal e como establece o Estado de Alarma decretado polo Goberno Central, permítese o acceso aos concidadáns ao obxecto do abastecemento de produtos de primeira necesidade.

Por iso, esta medida de hixienización e desinfección estenderase a todo o termo municipal do Concello de Gondomar. Paco Ferreira, organizou un dispositivo extraordinario que se estenderá durante o estado de alarma para a desinfección de rúas, prazas, zonas contiguas a supermercados, farmacias, panaderías, centro de saúde, estación de autobuses, etc. Así mesmo a empresa concesionaria da recollida de lixo FCC, intensificará a limpeza dos contedores ao dispor de toda a poboación Gondomareña e por tanto, zonas de especial tránsito da cidadanía.

Nestes momentos sen precedentes, nos que evitar a extensión de posibles contaxios é unha loita de todos, o rexedor quere agradecer a solidariedade dos seus concidadáns que están a cumprir sen excepción, a medida de confinamento que se prorrogará quince días máis, pola que solidariedade de todos é a mellor das garantías para asegurar a saúde.

Esta excepcional medida, será implantada non só no centro urbano, senón tamén nas parroquias e viais con beirarrúas situadas en Vincios, Morgadáns, Chaín, etc. Así mesmo procederase á desinfección de marquesiñas do transporte público, estación de autobuses, paradas de taxis, zonas verdes frecuentadas e utilizadas para o paseo de animais domésticos. Con iso canalizaranse todos os esforzos dos funcionarios e dos servizos externos en adoptar medidas preventivas que eviten a propagación do virus e cancelando todas aquelas obras e servizos que en momentos de máxima urxencia, poidan retomarse cando o estado de alarma cese e a actividade diaria poida ir volvendo aos poucos á normalidade. 

O operativo estará supervisado directamente por Paco Ferreira e polo Concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, así como polo Concelleiro de Seguridade e Tráfico, Manuel Chamorro, que xunto con operarios da empresa de limpeza FCC, que desinteresadamente achegan dous vehículos especializados en pulverización e desinfección de espazos públicos, xunto con operarios do propio Concello de Gondomar do Departamento de Educación e do Departamento de Vías e obras, que reforzarán este dispositivo que comezará o luns, e aos cales o alcalde quere expresar o seu agradecemento pola súa colaboración voluntaria neste dispositivo. O concello contratou tamén dous vehículos co fin de poder incrementar o dispositivo que se repetirá coa periodicidade que aconsellen técnicos de saúde pública e ambientais.

Esta extraordinaria medida, levará a cabo con desinfectante inocuo para o medio ambiente, cedido pola empresa Limpezas Cíes e todo o persoal que colabore no dispositivo, contará con todas as medidas necesarias que garantan e preserven a súa saúde.

Reiterar novamente o agradecemento a todo o pobo de Gondomar polo seu exemplar cumprimento do confinamento. A mellor medida de evitar a súa propagación e coidar da nosa saúde e da dos nosos veciños e seres queridos é continuar cumprindo tajantemente “UNIDOS VENCEREMOS. QUÉDACHE NA CASA”.

 

desinfeccin.jpg