^ Ir arriba

novas

Luns, 02 Marzo 2020 17:07

Gondomar ofrece novos cursos de formación on-line dirixidos a mulleres

O Centro de Información da Muller (CIM) da concellería de Igualadade do  concello de Gondomar abriu o prazo para poder inscribirse nunha nova edición de cursos de formación on-line dirixido a mulleres empregadas e desempregadas, empadroadas no municipio. As solicitudes poderán presentarse a partir do 3 de marzo e ata o 16 do mesmo mes.

En total impartiranse 6 cursos diferentes nos que poderán inscribirse un máximo de 15 persoas. As materias ás que se poderán optar son diferentes e teñen como obxectivo facilitar ferramentas a quen se atopa en paro e precisan reciclarse para adaptarse ás novas necesidades que o mercado demanda. Ademais os cursos están abertos a aqueles que tendo traballo buscan mellorar o seu currículo laboral.

Prevención de riscos en actividades de tempo libre, monitor de transporte escolar, técnicas de comunicación con persoas dependente, ou educación para a igualdade son algunhas das opcións formativas que se ofrecerán nesta actuación que desenvolverá o concello de Gondomar, financiada a través da Secreatría Xeral de Igualdade e con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos

Máis información no Centro de Información da Muller de Gondomar (986 389 355) ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. 

 

CARTEL.jpg