^ Ir arriba

novas

Luns, 02 Marzo 2020 13:57

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Pleno do Concello de Gondomar, en sesión ordinaria de data 16.01.2020, acordou aprobar expresamente, con carácter definitivo, a redacción final do texto da Ordenanza municipal de normalización lingüística, unha vez resoltas as alegacións presentadas e incorporadas á esta ordenanza as modificacións derivadas das reclamacións estimadas, o que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.