^ Ir arriba

novas

Venres, 10 Xaneiro 2020 16:23

Gondomar acolle unha nova acción formativa centrada en potenciar o desenvolvemento local

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto á presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentaron esta mañá na localidade unha nova edición do itinerario “ Coas mans na masa”, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo en diferentes concellos integrados na citada asociación.

Na súa intervención estiveron acompañados pola alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e as concelleiras de promoción económica e de Política social de Mos, Julia Loureiro e Sara Cebreiro; a concelleira de Promoción de Emprego de Tui, Ana María Núñez e representantes do goberno local de Gondomar.

Coincidiron á hora de destacar a boa recepción deste tipo de accións formativas entre a poboación e apostaron por seguir traballando na mesma liña defendendo o obxectivo que se promove desde Eurural :“investir fondos europeos que chegan ao noso na formación dos nosos veciños e veciñas para que á súa vez revertan no desenvolvemento e crecemento das economías locais.”

A nova edición de “ Coas mans na masa” contempla o desenvolvemento de seis novos cursos, centrados na elaboración artesanal de ungüentos e conservas. Concretamente no concello de Gondomar desenvolverase o de “Elaboración artesanal de conservas”, entre os días 23 e 25 de marzo, no que as persoas interesadas aprenderán facer conservas naturais con alimentos de tempada.

As inscricións faranse a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola, e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

O alcalde do municipio de Gondomar, Paco Ferreira, destacou como moi positivas este tipo de accións que se desenvolven “desde a unindo de esforzos entre as localidades e que perseguen ampliar o coñecemento das nosas poboacións, así como dos actores económicos locais, sempre desde a aposta por materias relacionadas co desenvolvemento do rural, potenciando, entre outras cousas, a conservación de recursos e da sustentabilidade ambiental”.

foto gdr.jpg