O goberno municipal aprobou no pleno da corporación municipal o novo regulamento de funcionamento do punto limpo, e que permitirá dar un mellor servizo aos veciños, adaptándolo á normativa vixente, así como ampliando a súa superficie en 60 m2 má s e para a recollida de RAEES.
A ampliación farase a través dunha subvención da Deputación Provincial de 50.000 €, e consistirá na mellora das instalacións para a recollida de electrodomésticos, etc... ( RAEES). Ao mesmo tempo a empresa concesionaria da recollida de RSU levarase a cabo melloras nas instalacións restantes, tales como o acceso, cartelería, iluminación ou seguridade interior e do peche perimetral do recinto, que será ampliado dos 800 m2 existentes aos 2.000 m2.
Actualmente o concello está pagando un aluguer mensual de 1.537 euros á Comunidade de Montes de Vincios dende o ano 2008 e por un período de 30 anos prorrogables por outros 30 máis, “a pesar de que naquel momento existían ofertas máis ventaxosas para os intereses do concello e de mellor ubicación, como foi a presentada pola Comunidade de Montes de Chaín”, afirma o alcalde, Paco Ferreira.
Engade que “non sóo é cuestionable senón que foi totalmente irregular dita contratación, máis se cabe, o facerse sen ningún tipo de informe xurídico nin da intervención municipal que o apoiase. É máis, dos 2000 m2 que figuran no contrato de aluguer, tan sóo foron ocupados para o punto limpo 800 m2 e 550 m2 para os accesos”.
Explica que o goberno local non só ampliase o servizo do punto limpo, senón que aproveitase a totalidade da superficie xa “que desgraciadamente estamos a pagar un prezo moi elevado según as características do mesmo, que ascenden a máis de 18.000 euros anuais que se incrementasen cada ano o IPC, ata o 2038. Cando finalicemos o contrato abonaríamos a montes en concepto de aluguer máis de 550.000 de euros”.
“Esa é a política de austeridade e de xestión que nos deixou o Sr. Arauxo -di o rexedor- que nin sequera aproveitou os catro anos como responsable de medioambiente no mandato pasado para facer nada respecto diso, tan só dedicándose á demagoxia que nos ten afeito ao longo de todos os anos que leva na política local”.
Entenden que quen critica este novo regulamento de funcionamento do punto limpo, agora adaptado á normativa vixente, só denota unha falta de coñecemento neste sector e da normativa vixente, así como non coñecer a axenda 2030 da Unión Europea. Descoñecemento que vai má s allá, cando se fala sobre o destino de cada residuo porque “cando Arauxo afirma que os residuos van a SOGAMA, ben falta á verdade ou non sabe do que fala, dado que os mesmos son retirados por xestores autorizados (vidro, madeira, restos vexetais, chatarra, etc...”, indicou o concelleiro de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Brais Misa.
Actualmente o regulamento do punto limpo só autoriza a posibilidade de depositar ao mes una certa cantidade de aveños por persoa. O novo regulamento revisa esas cantidades e déixase aberta a posibilidade de que a maiores cada usuario poida ampliala, previo pago dunha simbólica taxa que deberá ser regulada mediante a aprobación da correspondente Ordenanza Fiscal, e que nunca sería efectiva antes do 2021.
Por outra banda, Paco Ferreira, anuncia que o seu goberno estuda a posibilidade de trasladar nun futuro o punto limpo ao Polígono da Pasaxe, aproveitando a súa futura ampliación e urbanización. Desta forma “podríamos aforrar o innecesario alugar de má s de 1500 euros ao mes que pagamos grazas á gestió n herdada do señor Arauxo, e crear un punto limpo de 10.000 m2 que dé servizo ao polígono e a todo Gondomar”.
Insiste en que é algo moi necesario para que toda a ciudadanía dispoña dun lugar no que depositar libremente as súas pertenzas e non como agora, que os 1300 m2, que quedan escasos e teñen unha accesibilidade difí ciles e escasas posibilidades de crecer” ao atoparse vías de comunicació n como a autoestrada, a PO-331 ou a canteira o seu aredor “ encorsetando o punto limpo, facendo inviable o seu crecemento se fose necesario”.