^ Ir arriba

novas

Xoves, 28 Novembro 2019 17:44

Gondomar estrea o alumeado de Nadal

Gondomar estrea o alumeado de Nadal cunha xornada de festae o seu “Mercadodo Nadal”

Todo está listo en Gondomar para dar o pistoletazo inicial ao acendido do Nadal e así poñer en marcha o amplo programa previsto para estas datas, que arrincará oficialmente este domingo 01 de decembro, coa celebración do “Mercado  do Nadal”, durante todo o día, e xa, pola tarde, coa conta atrás  que  inaugurará oficialmente a iluminación do Nadal deste ano.

“Queremos que poidan gozar deste acto o maior número de persoas posible, e por iso quixemos asegurarnos que a choiva non o impedía”, afirma o rexedor, Paco Ferreira, que explica así a decisión de pospoñer 24 horas as actividades ante as previsións de precipitacións  para o sábado 30 de novembro, e que poderían deslucir o aceso.

Así, o domingo 11.00 horas, arrincará oficialmente o programa de actividades coa inauguración do “Mercado  do Nadal”, que se celebra por primeira vez no municipio. Durante todo o día a  Praza da Paradela acollerá os postos deste mercado do Nadal, no que  participan hostaleiros e comerciantes de Gondomar.

A partir das 18.00 horas a praza encherase maxia  navideña e fantasía grazas aos personaxes procedentes do “Bosque Máxico”,  aos que “Serán  Animación”  dará vida, e cos que  todos os que queiran poderán fotografarse nun  photocall montado para a  ocasión.

Ás 19.30 horas,  será a quenda para a  música e a danza da man das tres escolas de baile de Gondomar que  ofrecerá n unha  espectácu preparado para a  ocasió n.

Finalmente, ás 20.00 horas se  procederá á conta  atrás do aceso  navideño que  lucirá este  año en Gondomar e que se completará cun amplo programa de actividades previstas ata o mes de xaneiro, todas elas enmarcadas baixo o lema “Escribe ou  teu Nadal”

Troncos nadal