^ Ir arriba

novas

Martes, 15 Octubro 2019 10:52

Corazóns solidarios contra a violencia de xénero

Este mércores a Casa de Cultura de Gondomar, a partir das 18:00h, abrirá unha fábrica moi especial, dirixIda ós nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, na que poderán elaborar corazóns solidarios e reciclados contra a violencia de xénero. Consciente da importancia de concienciar ás novas xeracións en valores de igualdade, programamos un novo taller no que os participantes poderán construír corazóns coas noticias sobre malos tratos que recollen os diarios. Ademais toda a actividade estará acompañada de unha sesión de contacontos solidarios a cargo duns títeres moi particulares. ¡ESPERÁMOSVOS!