O concello de Gondomar pon en marcha un taller interxeracional dirixido ás familias.
O goberno municipal de Gondomar, a través da súa concellería de Xuventude, desenvolverá durante o mes de novembro unha nova actividade dirixida a fomentar o intercambio interxeracional e as actividades familiares. Así dentro do programa Tezendo Lazos, que promove a Deputación Provincial de Pontevedra, poñerase en marcha o taller “Faino ti”.
Os participantes, cuxas idades poderán abarcar entre os 6 e 99 anos, poderán realizar manualidades de modelado e pintado con obxectos reciclados, empregando para iso diferentes técnicas. Desta forma trabállase o respecto polo medioambiente á vez que se busca que grandes e pequenos, a ser posible integrantes da mesma familia (avós/ as, pais, nais e pequenos/ as), podan intercambiar experiencias e pasar un bo intre xuntos.
A actividade desenvolverase tódolos sábados do mes de novembro entre as 10.30 e as 13.30 da mañá no Centro Neural do Concello de Gondomar. Tódolos interesados poderán inscribirse ata o 24 de outubro, cubrindo unha solicitude que se poderá descargar na páxina web www.concellodegondomar.com, ou recoller na OMIX, e que deberá presentarse posteriormente no rexistro municipal.
ANEXOS
>> Descargar Documento de Solicitude de inscrición
>> Descargar Documento de autorización para menores (entre 12 e 17 anos)