^ Ir arriba

novas

×

Advertencia

JUser: :_load: No se puede cargar usuario con el ID: 19
Martes, 19 Marzo 2013 13:23

Xuventude

Que é unha OMIX?

É un servizo que o Concello de Gondomar pon a disposición dos/as mozos/as. Baséase nun conxunto de medidas para obter e difundir información específica para a mocidade.

Esta información ten por obxecto dar o apoio necesario á mocidade para que poidan tomar decisións sobre temas como sexualidade, ocio, emprego, estudos, etc. Unha fórmula para que a información chegue a todos e todas co obxectivo de garantir as mesmas oportunidades de información a poboación moza e promovendo a igualdade no acceso á información.

Servizos

Expedición do Carné Xove

Exposición de ofertas de emprego semanais

Exposición de subvencións

Exposicións de cursos e actividades non só do concello de Gondomar senón doutros municipios do redor.

Ordenadores conectados a internet con impresora , totalmente gratuítos para uso dos mozos

Programa de actividades formativas e de ocio

Difusión da información a través de stands informativos en centros culturais e cafeterías do concello

Infomóbil- difusión a través de mensaxes SMS sobre información solicitada a esta oficina

Información

Actividades Xunta e Deputación Provincial para a mocidade

Promoción comercios para adhesión ao carné Xove

Espazo de autoconsulta: documentación sobre saúde, ocio, turismo, educación, información europa, becas e axudas, asociacionismo, programas Xunta, etc.