^ Ir arriba

novas

×

Advertencia

JUser: :_load: No se puede cargar usuario con el ID: 19
Martes, 19 Marzo 2013 12:50

Igualdade

Igualdade

TELÉFONOS DE MULLERES

016

Servizo de información e asesoramento xurídico, telefónico e on-line, para mulleres vítimas da violencia de xénero, de ámbito nacional e servizo 24 horas e gratuíto.

900 400 273

Servizo de información sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais, educativas, recursos e servizos e violencia e axuda integral para mulleres e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o soliciten. Servizo 24 horas e gratuíto.

¿Que é un Centro de Información á Muller?

Naceu o ano 1998 como un servizo de carácter permanente destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres.

¿A quen vai dirixido?

A mulleres e asociacións do Concello de Gondomar ou de concellos limítrofes que non conten co servizo.

Principios de actuación

Anonimato na identidade das usuarias

Respecto á vontade

Gratuidade de todos os seus servizos

Confidencialidade por parte do persoal

Servizos que ofrece

Asesoramento xurídico

Atención psicolóxica

Orientación profesional e formativa

Información sobre todo tipo de recursos

Difusión e sensibilidade sobre o Principio de Igualdade entre Mulleres e Homes

Áreas nas que se está a traballar

Formación, emprego e conciliación

Coa finalidade de promover a incorporación da muller no mercado laboral dunha maneira igualitaria en todas as profesións independentemente da tipoloxía destas, así como incentivar a incorporación da igualdade de oportunidades no eido da educación, para promocionar ferramentas cara comportamentos e actitudes igualitarios e non discriminatorios.

Execución e seguimento de Itinerarios Formativos Personalizados e de Inserción (orientación laboral, cursos, charlas,...)

Participación social

Co obxectivo de incentivar a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade (social, político, cultural e económico) dunha maneira activa, dinámica e participativa.

Contamos co Consello Municipal da Muller, facemos información e asesoramento a asociacións, potenciamos o asociacionismo,...

Prevención e eliminación da Violencia de Xénero

Para concienciar á sociedade nos valores e principios cara a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, así como fomentar o uso dunha lingua non sexista.

Organización de campañas de sensibilización, realización de núcleos de reflexión, establecer protocolos de actuación,...

Administración e servizos

Incorporación do mainstreaming na vida diaria da administración local e en todas as actuación e actos municipais.