^ Ir arriba

Proxecto Labora 2020

A Deputación de Pontevedra está executando o proxecto Labora 2020 coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). A partir do mes de abril iniciaremos novos itinerarios formativos. Toda a formación que se imparte é gratuíta para as persoas participantes e conducente á obtención de certificados de profesionalidade. Os itinerarios previstos son:

Itinerarios.png

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 están destinados a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen en algunha das seguintes situacións:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 

solicitude de participación poderá realizarse a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra de forma telemática no caso de ter certificado dixital ou algunha das claves do sistema clave, en caso contrario deberá presentarse nun rexistro físico con toda a documentación necesaria. Este é o enlace á sede electrónica  https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482

Os itinerarios formativos do proxecto Labora 2020 dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.