^ Ir arriba

Cursos de prevención de riscos laboráis.

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORÁIS

SECTOR DA CONSTRUCIÓN

A Fundación Laboral da Construción, en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar e os Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán ten prevista a posta en
marcha dunha serie de iniciativas formativas de gran interese tanto polos seus contidos
técnicos como pola calidade da entidade impartidora.


CARACTERISTICAS DOS CURSOS OFERTADOS:

1. CURSOS:
◦ Nivel básico de prevención en construción: 60 horas presenciais.
◦ PRL para traballos de albanelería (parte específica): 6 horas presenciais.

2. CUSTO: os dous cursos ofertados son gratuitos.

3. DESTINATARIOS/AS:
• Desempregados que busquen traballo no campo da construción.
• Traballadores do sector que non puidesen realizar este tipo de formación
con anterioridade.

4. ENTIDADE XESTORA E DOCENTE:
Fundación Laboral da Construción.

As persoas interesadas en participar, deberán contactar directamente coa Fundación
Laboral da Construción, nos seguintes puntos de contacto:
• Teléfonos de contacto: 986 – 980 425
• Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
• Dirección: Camiño da Raposeira, no 24. 36214, Vigo (Pontevedra).
• Páxina web: http://galicia.fundacionlaboral.org/
Pode accederse a máis información nos resumos que acompañan esta nota informativa.


A CONCELLERIA DE FORMACION E EMPREGO