^ Ir arriba

Curso de animación Hospitalaria Infantil de 50h de formación.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, propón a mocidade do Concello un Curso de animación Hospitalaria Infantil de 50h de formación. Trinta serán teóricas e serán do 24 de maio ao 8 de xuño en horario de mañá de 10:00 a 12:30h, e vinte horas serán prácticas concretándose data unha vez iniciado o curso.

O ingreso hospitalario para un neno/a provoca un estado de crise familiar, o tránsito deste proceso se pode mellorar ocupando o tempo libre con tarefas lúdico educativas.

Con este curso a concellería de xuventude ofrece unha formación diferenciadora e emerxente dentro da animación sociocultural. Esta formación vai ofrecer pautas de cómo enfocar a atención lúdico-educativa, tendo en conta as peculiaridades que conlevan unha enfermidade de longa duración e unha hospitalización durante a infancia.
Todo o que teña interese en participar nesta oferta educativa a inscrición será do 2 ao 16 de maio. Terán preferencia os mozos/as do Concello de Gondomar, con idades comprendidas entre os 18-40 anos, que sexan desempregados e que teñan unha formación na área da animación sociocultural.
Para inscribirse cubrir anexos (paxina web concello de Gondomar, OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante o período de inscrición.
Para máis información chamar ao 986.369.746

Documentación
Download this file (SOLICITUDE CURSO.pdf)Solicitude Curso[Solicitude curso]
Download this file (MODELO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA  activa.pdf)Modelo de Solicitude do programa[Modelo de Solicitude do programa]
Download this file (autorizacióndatos.pdf)Autorización datos[Autorización datos]