^ Ir arriba

Curso operador/a carretilla elevadora

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro resolveu por en marcha un curso de operador/a de carretillas elevadoras para capacitar os asistentes no seu manexo, formar na prevención de danos e degradacións do material transportado e transmitir un conxunto de boas prácticas. O curso terá unha duración de 30h, das cales vinte serán prácticas.
Se estás interesado nesta formación terás que inscribirte cubrindo a documentación do 26 de febreiro ao 8 de marzo e entregala no rexistro do Concello de Gondomar. O curso realizarase do 12 ao 27 de marzo en horario de tarde.
Para máis información chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no 986.369.746 .

curso operador a carretillas elevadoras copia

 

DESCARGAS:

Documentación
Download this file (autorizacióndatos CARRETILLAS.pdf)Autorización datos[Autorización de datos]
Download this file (SOLICITUDE CURSO CARRETILLAS.pdf)Solicitude[Solicitude do curso]