^ Ir arriba

COVID-19. INFORMACIÓN

Servizo de cribado para persoal que traballe no sector turístico.

A Agrupación industrial de Turismo de Galicia, en colaboración coa Xunta, ofrecen a oportunidade aos empregados e empregadas do sector turístico de Galicia a ter acceso a un servizo de test PCR para a detección do coronavirus SARS-CoV-2.

O obxectivo da iniciativa é reforzar o concepto de Galicia Destino Seguro, así como a mensaxe de seguridade á hora de acudir aos establecementos turísticos da nosa localidade e comunidade. 

Para iso articúlase formulario web  para que as persoas que traballen nos devanditos establecementos poidan darse de alta na web, cuxa información se remitirá ao Sergas para que poidan programar a realización das probas.