^ Ir arriba

COVID-19. INFORMACIÓN

Onde debemos depositar as luvas e máscaras usadas?

 A responsabilidade á hora de usar máscaras e luvas que empregamos para cumprir as medidas de prevención, debemos mantela á hora de desfacernos destes utensilios que se incorporaron as nosas vidas nos últimos meses. Deben depositarse no colector de fracción resto de COR GRIS, NUNCA NOS COLECTORES AZUIS O AMARELO. Depositalos nos diferentes colectores de reciclaxe contribúe á contaminación de todo o colector, dificultando a súa posterior xestión unha vez que chega a planta de tratamento. As luvas e máscaras empregadas por persoas contaxiadas co COVID19 deberán seguir o protocolo establecido por lei.