^ Ir arriba

COVID-19. INFORMACIÓN

COVID19: A Residencia Vila do Conde, cero positivos en coronavirus

Os traballadores e residentes da residencia xeriátrica de Vila do Conde, un total de 188 persoas, foron sometidos ao test COVID19 sendo todos os resultados negativos. Agradecer o gran esforzo, traballo e dedicación de todos os responsables e traballadores da residencia que deron os mellores coidados aos nosos maiores. Dende o primeiro día o goberno loal estivo en contacto directo cos seus responsables para atender aquelas necesidades que precisaran, e colaborar na medida do posible. Neste censo dende a aplicación do confinamento o concello reforzou a desinfección dos exteriores do centro, acudindo en varias ocasións ata alí cos equipos municipais que dende o primeiro día percorreron rúas e parroquias para garantir a máximas protección a poboación de Gondomar.

 

VILA DO CONDE RESIDENCIA.jpg