A concellería de Cltura e Turismo convoca, con carácter gratuito, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificado CELGA nos niveis 1,2,3,4.
CURSO PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2.
Non tes a ESO e non podes acceder a certificados de profesionalidade.
O Concello de Gondomar propón unha saída:
A concellería de Xuventude e Emprego do Concello de Gondomar vai por en marcha unha iniciativaformativa para as persoas que non teñan formación básica necesaria para acceder a certificados de profesionalidade.
Certificados profesionais, que permitan insertarse no mercado laboral.
Este curso formará as persoas nas catro competencias clave e as preparará para que se presenten o exame que realizará a Consellería de Economía, Empleo e Industria.
Unha vez superado ese exame, poderán acceder os certificados de profesionalidade do nivel 2, para calquera das 26 familias profesionais existentes.
Este curso que comezará a partir do 19 de febreiro ata o 22 de maio, terá unha clase presencial á semana na que se traballarán as competencias de : matemáticas, inglés, lingua galega e lingua castelá.
Para inscribirse cubrir anexos ( CDL ou OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante o período de inscrición que rematará o día 14 de febreiro.
Para máis información chamar ao 986.369.746 ou 986.384.020
Programa de axudas para poñer en marcha proxectos liderados pola mocidade.
A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca as probas para a obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais.
A Concellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas destinadas a alumnado do Sistema Universitario galego que, por causas sobrevidas e imprevistas, teñan dificultades económicas para continuar os estudos.
A Concellería de Educación, Universidade e Formación convoca as probas para obtención do título de bacharel.
A Concellería de Educación convoca as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2019.
A consellería de educación, universidade e formación profesional convooca as probas para obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos.
COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA
Convócanse as probas de acceso á Universidade para Maiores de 25 anos e Maiores de 45 anos, para este ano 2019
PRAZO: do 21 xaneiro ata 8 febreiro
+25: exame Fase Xeral (comentario texto, lingua castelá, lingua galega, lingua estranxeira a elexir).
Exame Fase específica ( opción A artes -humanidades, B ciencias, C ciencias da saúde,D ciencias xurídicas e sociais,E enxeñaría e arquitectura) e unha optativa
+45: proba comentario de texto, proba lingua castelá e proba lingua galega. Entrevista persoal
Información www.ciug.gal
Gondomar á escea.
A Aula de Teatro abre plazo de inscrición para aqueles que queiran participar en clases de expresión corporal, texto en voz, dinámica de grupo ou desinhibición.
Máis información na oficina do OMIX ou chamando ó 986 369 746.
Procedemento para avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación no ámbito da C. Autónoma de Galicia.