ANUNCIO: exposición pública da delimitación do solo do núcleo rural do Mosteiro, Donas.De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse á información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural do Mosteiro, na parroquia de Donas, deste termo municipal, subscrito pola arquitecta Delia Prado Figueroa e incoado por petición da Concellería de Urbanismo. O expediente sométese á información pública polo prazo de dous (2) meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na sede electrónica do Concello de Gondomar (https://concellodegondomar. sedelectronica.gal/info.0) e na páxina web (www.concellodegondomar.org), así mesmo, poderase examinar no Negociado de Urbanismo, das 9.00 ás 13.30 horas de oficina, para formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes. Gondomar, 18 de xuño de 2020 O alcalde P.D. (Resolución Alcaldía 5.7.2019) Iria Lamas Salgueiro Concelleira de Urbanismo fCompartir Tweet