DILIXENCIA.-Esténdoa eu, en folla aparte, para facer constar que con data 17.07.2019 (2019-E-RE-1241) ten entrada no Rexistro Electrónico do Concello de Gondomar en soporte dixital o denominado “Delimitación do solo de Núcleo Rural de A Rochela, parroquias de Vilaza e Chaín” redactado pola arquitecta Delia Prado Figueroa e asinado o día 17.07.2019 onde consta de 172 páxinas e que se vai someter, en cumprimento do disposto no artigo 78.2.b) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro e 191.1 do RLSG en relación co artigo 22 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, á súa exposición pública co seguinte contido.-
-Informe sobre as modificacións do borrador do Plan (1 a 3)
Asemade, forma parte da documentación para a súa publicación o informe da arquitecta municipal do 24.07.2019.
(documento asinado dixitalmente adxunto)