^ Ir arriba

Anuncios urbanismo

Enquisa sobre mobilidade e formas de transporte

A empresa GAU, Gabinete de Arquitectura e Urbanismo SLp foi seleccionada para levar a cabo a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Gondomar. De cara aos moitos traballos e análises que se van a levar a cabo, precisamos contar con información e datos útiles e actuais. A mellor das propostas posibles que tentamos levar a cabo precisa da participación dos habitantes ou visitantes do municipio. 
 
É por iso, que unha das primeiras accións de participación no municipio será a difusión dunha enquisa sobre mobilidade e formas de transporte no concello, tempos e outros datos de interese neste eido. Para mellorar o acceso ós destinos, servicios, actividades, etc, tanto dos residentes no municipio como daqueles que acoden ao mesmo, precisamos que os propios veciños nos faciliten información sobre os seus patróns de mobilidade co gallo de poder incorporar eses datos ó diagnóstico da situación actual e a partir deles, propoñer actuacións.
 
No seguinte enlace pode acceder a unha enquisa. É doado de cumprimentar. https://goo.gl/forms/YgGkxPrkkNGUh1B12
 
 
Contamos coa súa colaboración para sumar nas propostas a estudar no concello sobre mobilidade e accesibilidade, e agradecemos de antemán a súa participación. Pregámoslle que a difunda entre todos os seus colaboradores, asociados, compañeiros de traballo, etc. Mesmo pode ser engadida nas súas redes sociais. Ó final da enquisa poderán atopar un apartado onde engadir suxestións. Se queren poñerse en contacto con nos, poden empregar o seguinte email: participacion.Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. Tamén iremos poñendo información relevante nas contas de Twitter (@GondomarPmus) e Facebook (@pmusdegondomar).