^ Ir arriba

Portelo Único

O Portelo Único permite presentar nas oficinas do Concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia.
As funcións que comprende son :

  • Rexistro Xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera organo da Administración Autonómica de Galicia.
  • Información xeral da Administración Autonómica de Galicia.
  • Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia perante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado.
  • Acceso ao Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma.
Quen o pode utilizar ?

Calquera persoa interesada.

Que documentos hai que achegar?

Os mesmos que se se presentaran nas correspondentes dependencias da Xunta de Galicia.

Canto custa?

Este servizo é gratuíto.

Como e donde se pode presentar?

No Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9 a 13,30 horas.

Que documentación entrega o Concello ?

Un xustificante de entrega da documentación achegada.

Outras informacións de interese

Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.

  • Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia e Admón. Pública e a F.E.G.A.M.P.
  • Orde do 14/02/01 pola que se dispón o comezo da actividade administrativa a efectos de Rexistro Xeral de documentación dirixida á Xunta de Galicia, no Concello da Estrada e outros.
  • Instancia para remitir información a Xunta de Galicia