Orde do 23 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre do 2014 e primeiro semestre do 2015, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento IN414A). (DOG nº 43 do 4/03/2015)
Convocar axudas para a concesión do tícket eléctrico social para o segundo semestre do ano 2014 e primeiro semestre do ano 2015 a familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM. (9.585,19 €) 798€/MES.
Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.
Consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais non superen 1,5 veces o IPREM.
A contía da subvención será unha cantidade fixa de 90 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de 150 € ao semestre para as que acrediten ser ademais familia numerosa.
Serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea incluído dentro do segundo semestre do 2014 ou primeiro semestre do 2015, segundo corresponda. No caso de que unha factura abranga un período que saia parte do semestre correspondente, considerarase subvencionable o custo prorrateado dos días incluídos no semestre.
Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.
Presentación electrónica da solicitude
Copia dixitalizada da seguinte documentación:
No Instituto Enerxético de Galicia, a través da sede electrónica: Presentación electrónica.
Para a presentación das solicitudes será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal.
Terá que facerse unha solicitude distinta para cada semestre.
Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN414A, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a través dos seguintes medios:
Para máis información: Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar